Patrocinio

Medios de comunicaciónA Asociación de clubs de Traiñeiras nace o día 2 de xullo do ano 2003 cun obxectivo claramente definido nos propios Estatutos Sociais da ACT:

"Impulsar e fomentar todo tipo de actuacións e iniciativas que contribúan ao progreso e desenvolvemento dunha actividade deportiva de gran arraigamento popular en toda a cornixa cántabro-atlántica, como son as regatas de traiñeiras".

Tras a celebración da I e II Eusko Label Liga, esta consolidouse como a competición de maior calidade onde participan os doce mellores clubs do litoral cántabro-atlántico.

O seguimento masivo dos afeccionados e público en xeral, a gran repercusión mediática do evento (TV, radio e prensa escrita), e o arraigamento popular e social deste deporte, fai desta moderna Eusko Label Liga unha magnífica e rendible plataforma onde empresas, entidades e institucións, públicas e privadas, poidan desenvolver a súa política de mercadotecnia, publicidade, promoción e RRPP.

Para tal motivo, os Patrocinadores Principais da liga de Traiñeiras disporán das seguintes canles ao longo de toda a tempada de traiñeiras: Presenza do nome ou logotipo, televisión, publicidad estática, promocións, prensa escrita, revistas e páxina Web, etc.

 

DEPARTAMENTO DE PATROCINIOS

943.49.34.07

info@actremo.com