Patrocinio
A Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) nace no 2003 co obxectivo de dar pulo, fomentar e desenvolver o deporte do remo, en xeral, e a disciplina de banco fixo (traiñeiras) en particular. Unha modalidade deportiva que forma parte da historia do litoral norte da península Ibérica.
A ACT está formada polos 12 clubs de remo máis importantes do norte que gozan dunha grande relevancia social, un total de 20 equipos distribuídos en 2 competicións, 12 na masculina e 8 na feminina. Logo de máis de 20 edicións, as regatas de traiñeiras convertéronse nun referente do deporte espectáculo de élite en canto a seguemento mediático, audiencias televisivas e asistencia de persoas afeccionadas. Unha excelente plataforma para que entidades, públicas e privadas, desenvolvan as súas estratexias promocionais e, ao mesmo tempo, asocien a súa marca a valores como o esforzo, o sacrificio, a disciplina, o traballo en equipo, a sincronía, a superación e a nobreza.
LIGA EUSKOLABEL e LIGA EUSKOTREN, as ligas de traiñeiras masculina e feminina, convertéronse en competicións de referencia ao longo da cornixa cántabro-atlántica durante a tempada estival.
BENEFÍCIO FISCAL
De conformidade coa Norma Foral 3/2004 de 7 de abril, os importes destinados por empresas con domicilio fiscal en Gipuzkoa, Bizkaia e Araba para mecenado ou patrocinio desfrutan dun ahorro fiscal equivalente ao 46 % dos mesmos, xa que ademais de seren deducíbeis nun 100% como gasto (28%) teñen un 18% de desgravación fiscal.
Importe | Aforro fiscal | |
---|---|---|
Exemplo de patrocinio | 100.000 € | 46.000 € |
As empresas do resto do estado, por un patrocinio publicitario, ao ser un gasto, deducen (aforran) o tipo impositivo que se lle aplique pola súa actividade. O tipo impositivo xeral do estado é o 30% do gasto aproximadamente.
...
DEPARTAMENTO DE PATROCINIOS
943.49.34.07
Para descargares o dossier de patrocinio pulsa | aquí |