Novas 2025

COMPETICION

17 Set 2025

O El Corte Inglés e Portugalete están preparados para recibiren a elite do remo

O El Corte Inglés e Portugalete están preparados para recibiren a elite do remo

O LV GP - LI Bandeira El Corte Inglés - Concello de Portugalete e os play-offs da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren Liga deste domingo porán o punto final á tempada 2025.

A vila biscaina voltará clausurar a tempada este domingo. Portugalete será o escenario no que remate a Liga Eusko Label e onde se desputarán as últimas xornadas dos play-offs tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren.

Este mediodía presentouse a LI Bandeira El Corte Inglés-Concello de Portugalete na casa consistorial da vila coa presenza de Borja Rodrigo, presidente da ACT, Mª José Blanco, Alcaldesa de Portugalete e Carmelo Lezana, Director de Comunicación e Relacións Institucionais do El Corte Inglés no País Vasco.

Rodrigo foi o primeiro en tomar a palabra e agradeceu a El Corte Inglés e ao Concello de Portugalete a súa colaboración. "Estamos ante un encontro histórico. Serve de peche para a ACT porque é onde remata a competición masculina e onde se define a composición da Liga Euskotren e da Liga Eusko Label para a tempada 2026. Portugalete é o mellor escenario para unha regata, pola súa contorna, e atractivo para as afeccións", destacou o presidente da ACT.

Pola súa banda, Carmelo Lezana, Director de Comunicación e Relacións Institucionais do El Corte Inglés en Euskadi, remarcou o valor histórico do encontro: "A bandeira El Corte Inglés é  o noso patrocinio decano e, sen dúbida, un dos máis queridos para nós. Este ano xa supera o medio século de vida e algo que nos encanta é que esta proba cada día levanta máis interese entre todos os afeccionados ao remo, con independencia da súa idade ou sexo.  Sen dúbida, todos os que no domingo acudan a Portugalete desfrutarán dun día especial e singular grazas á grande festa do remo".

Mª José Blanco, alcaldesa de Portugalete, recalcou que "son xa 51 edicións as que se celebran desta regata. É, polo tanto, unha regata moi consolidada e con moito arraigamento en Portugalete, que xera grande expectación. É ademais unha regata espectacular e única por transcorrir nun campo de regatas presidido polo noso Patrimonio da Humanidade, a Ponte Colgante, e tamén pola proximidade do público que se concentra nos peiraos coas traiñeiras". "Agradezo máis unha vez ao El Corte Inglés e á ACT por organizaren nesta vila a derradeira regata", sinalou a alcaldesa de Portugalete. 
 

Voltar