Novas 2025

ASOCIACION

19 Xu˜ 2025

CaixaBank vogará canda a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren até o 2028

CaixaBank vogará canda a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren até o 2028

A entidade financeira e a Asociación de Clubs de Traiñeiras renovaron o seu acordo de patrocinio, sumando así 15 anos de alianza.

A Asociación de Clubs de Traiñeiras e CaixaBank renovaron o seu acordo por catro anos. O Director Territorial Norte de CaixaBank, Juan Pedro Badiola e o Presidente da ACT, Borja Rodrigo, selaron a alianza na sede da Dirección Territorial Norte de CaixaBank.

Tras a sinatura, ratifícase a ligazón entre ambas entidades que, desde 2013, representa un dos acordos chave para a estabilidade das competicións da ACT.

A estrela de CaixaBank continuará a lucir no maillote das líderes da Liga Euskotren. Na Liga Eusko Label, pola súa banda, dará nome ao galardón de Mellor Patrón CaixaBank. O preciado trofeo da competición masculina, a Corona CaixaBank, seguirá a ser o obxectivo das 12 tripulacións.

Ademais, Castro-Urdiales acollerá de novo a Bandeira CaixaBank, que contará unha vez máis con ambas competicións, xogándose así a XIII Bandeira CaixaBank na Liga Eusko Label e a IX Bandeira CaixaBank na Liga Euskotren. A única data na que a elite das traiñeiras visitará augas cántabras será no 27 de xullo, e chega da man da entidade financeira.

Ambas partes amosáronse satisfeitas coa sinatura. "Son catro anos máis vencellados ao mundo do remo. Isto levaranos até 2028, sumando 15 anos a carón da ACT. Ou o que é o mesmo, a liga de traiñeiras convírtese nun dos patrocinios territoriais máis lonxevos da historia de CaixaBank" afirmou Juan Pedro Badiola.

Borja Rodrigo, pola súa parte, considera que o patrocinio de CaixaBank é chave: "CaixaBank é un dos patrocinadores máis importantes para nós, como se demostra tras 13 tempadas colaborando e apoyando á ACT, e a súa aportación é imprescindíbel para o desenvolvemento da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. Ademais, tras esta sinatura, os tres patrocinadores principais da ACT ratifican o seu compromiso durante 4 anos máis coa Asociación, até o 2028, dotándonos dunha grande estabilidad" e destaca a importancia deste acordo para que sexa posíbel que as competicións da ACT, a 1ª división do remo, cheguen a Galiza, Cantabria e Euskadi.

CaixaBank, moi presente no deporte do territorio

A estratexia de patrocinios, ademais dos clubs de fútbol ou baloncesto cos que traballa CaixaBank, como a SD Eibar, Baskonia ou o Real Oviedo tamén focaliza no deporte do territorio, coa esponsorización da pelota profesional, sendo desde 2013 patrocinador principal do campionato manmanista co que se retomou o apoio á pelota a man e co Masters CaixaBank; así como diferentes carreiras populares que se desenvolven ao longo do ano en diferentes puntos do territorio.

Voltar