Novas 2025

ASOCIACION

20 Set 2025

Co ollar posto na tempada 2026

Co ollar posto na tempada 2026

Despois da derradeira asemblea previa ao peche da competición, a ACT ponse a traballar na tempada 2026.

Esta mañá decorreu en Bermeo a derradeira asemblea antes de que remate a tempada. Os clubs repasaron diferentes aspectos ligados á xestión e á economía da Asociación durante os meses de competición.

Unha vez repasados estes asuntos, a Asociación de Clubs de Traiñeiras pon a ollada nas dúas últimas xornadas da Liga Eusko Label 2025 e os play-offs da Liga Euskotren e Liga Eusko Label. Tras esta fin de semana coñecerase quen completarán as competicións na procura da Coroa CaixaBank e do trofeo Euskotren na tempada 2026.
 

Voltar