Novas 2025

ASOCIACION

20 Xu˜ 2025

Presentadas a Liga Eusko Label Liga e a Liga Euskotren, todo preparado para o comezo da nova tempada

Presentadas a Liga Eusko Label Liga e a Liga Euskotren, todo preparado para o comezo da nova tempada

Tras o acto, só resta agardar que chegue o 5 de xullo para gozar da primeira división das traiñeiras.

A sede de EITB foi o lugar que lle deu a benvida á nova tempada coa celebración da gala de presentación da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren. Autoridades, patrocinadores, clubs e medios de comunicación, entre outros, citáronse na capital bizkaina para dar a benvida á nova tempada que está a piques de comezar.

Aitziber Garmendia voltou presentar a gala e nesta ocasión estivo acompañada do saxofonista Pirata. Os presentes gozaron dunha grande velada.

Os vixentes campións e campioas foron os primeiros protagonistas da tarde. As remeiras de Donostia Arraun Lagunak recibiron a réplica do trofeo Euskotren da man da Conselleira de Mobilidade Sustentábel do País Vasco, Susana García Chueca. Lander Rubio, Director Comercial de Empresas da zona norte de CaixaBank, pola súa banda, foi o encargado de entregar a reprodución da Coroa CaixaBank aos remeiros de Bermeo Urdaibai, que ademais, despois de conquistaren a Liga 5 veces alternte, ficaron xa coa Corona orixinal en propiedade.

Este ano quíxéronse poñer en valor os galardóns da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, polo que as esculturas creadas por Miguel Angel Oribe, o ex-remeiro de Urdaibai, Alain Colunga e a ex-remeira de San Juan, Oihana Cereijo, protagonizaron unha curtametraxe documental que estará dispoñíbel na web e na canle de YouTube da ACT.

Amaia Barredo, Conselleira de Alimentación, Desesenvolvemento Rural, Agricultura e Pesca, foi a encargada de dar por rematada a tempada 2024 e orientar cara ao mundo do remo no 2025.

Finalmente, Borja Rodrigo tomou a palabra para lle dar a benvida á nova tempada e pechar o acto. O Presidente da ACT agradeceu o seu apoio a todos os patrocinadores e desexoulles sorte aos deportistas.

Voltar