Novas 2026
ASOCIACION
21 Xan 2026
Primeira asemblea de 2026
Os clubs reuniranse este sábado en Oiartzun.
A ACT olla xa para a tempada 2026 da Liga Eusko Label e a Liga Euskotren e o primeiro paso darao este sábado coa primeira asemblea ordinaria do 2026.
Os clubs reuniranse nunha sesión dobre na que pecharán o exercicio 2025 en materia económica e de xestión. Ademais, o encontro asembleario servirá tamén para lle dar a benvida aos novos socios, os ascendidos Itsasoko Ama e Chapela. Así como para despedir a Kaiku e Cabo da Cruz despois de perderen a categoría.


