Novas 2025

ASOCIACION

13 Ago 2025

Zarautz, unha dobre xornada moi agardada

Zarautz, unha dobre xornada moi agardada

Esta mañá presentáronse as Ikurriñas de Zarautz que estarán en xogo esta fin de semana. O acto de presentación tivo lugar á altura do Hotel Ur Bare, perto do campo de regatas, coa presenza de Nagore Arruti, presidenta de Zarauzko Arraun Elkartea; Inaxio Illarramendi, concelleiro de Deportes de Zarautz; Xabier Txurruka, Alcalde de Zarautz e Borja Rodrigo, presidente da ACT. 

O alcalde, Xabier Txurruka, salientou a aposta pola igualdade: "O Concello de Zarautz pula pola igualdade en todos os ámbitos da sociedad, tamén no deporte, e hai anos xa que mantén a igualdade nos premios das regatas das Ikurriñas de Zarautz. A regata, ademais, desputarase en plena Aste Nagusia, polo que todos e todas as zarauztarras, así como as persoas visitantes que se acheguen para desfrutar do ambiente das regatas, terán oportunidade de gozar dun amplo programa de festexos con actividades para todos os gustos".

Para Borja Rodrigo, a Ikurriña de Zarautz é un evento deportivo de grande importancia para o mundo do remo: "A xornada dobre de Zarautz está marcada en vermello no noso calendario. Chegamos aquí no momento decisivo da temporada, e coa Liga Euskotren e a Liga Eusko Label afrontando xa o treito final. Un encontro histórico no mundo do remo, que xunto co auxe do municipio no verán, fai que a convocatoria sexa do máximo interese. Ademais, queríamos agradecer o esforzo que fai o Concello de Zarautz para equiparar a competición feminina e a masculina".

O sábado, a primeira xornada da XVII Zarauzko Ikurriña, comezará ás 17:25, coa regata da Liga Euskotren. Unha vez finalizadas as dúas quendas da competición feminina, será o turno da competición masculina e ás 18:21 horas comezará a primeira quenda da Liga Eusko Label.

No domingo a segunda xornada da Liga Euskotren comezará ás 11:25. Unha vez finalizada a competición feminina, encetará a xornada final da competición masculina, ás 12:21 horas coa segunda xornada da XLVIII. Zarauzko Ikurriña.

Fan Zone
A Fan Zone instalarase, máis un ano, en Lege Zaharren Enparantza de Zarautz. Antes, durante e despois da dobre xornada da Ikurriña de Zarautz as afeccións poderán gozar dunha experiencia única. Tanto no sábado como no domingo poderanse degustar produtos Eusko Label e tirar fotografias cos trofeos que recibirán os campións da Liga Eusko Label e as campioas da Liga Euskotren. Tamén se instalará unha pantalla gigante, para non perder detalle da Ikurriña de Zarautz.
 

Voltar