Novas 2024

COMPETICION

10 Ago 2024

Bermeo Urdaibai gaña por novena vez a Bandeira de Hondarribia

Bermeo Urdaibai gaña por novena vez a Bandeira de Hondarribia Bermeo Urdaibai gaña por novena vez a Bandeira de Hondarribia

Os mozos patroneados por Gorka Aranberri dominaron a regata da xornada de hoxe de principio a fin.

Bermeo Urdaibai gañou por novena vez a Bandeira de Hondarribia, nun tempo de 20:10,62. Os bermeáns foron os máis rápidos durante os catro longos, con unha vantaxe de 8 segundos sobre a traiñeira local, quen acabou na segunda posición. Na xornada de hoxe, o terceiro clasificado foi Donostiarra e Zierbena rematou na cuarta posición: parando o crono nun tempo de 11:21,40 e 11:32,38, respectivamente.

Polo tanto, Urdaibai segue a liderar a Liga Eusko Label con 149 puntos. Zierbena ten 136, Hondarribia 118 e Donostiarra 117.


Arraun Lagunak é xa a vencedora da Liga Euskotren matematicamente

Arraun Lagunak é matematicamente a vencedora da Liga Euskotren tras gañaren a bandeira en Hondarribia. Finalizaron a regata nun tempo de 10:57,80: malia no primeiro longo a donostiarra ir á par das líderes, a diferencia entre as dúas traiñeiras foi aumentando e finalmente as raparigas de Juan Mari Etxabe gañaron con 15 segundos de renda. Tolosaldea acabou na terceira posición cun tempo de 11:21,40, e as cuartas foron as oriotarras, parando o crono en 11:32,38.

Arraun Lagunak ten actualmente 104 puntos na Liga Euskotren coa vitoria da liga asegurada. O segundo posto é de Tolosaldea con 79 e Orio e Donostiarra están empatadas con 75 puntos.

Voltar